Valoración positiva dos comerciantes nos primeiros dez días de rebaixas

VILAGARCÍA> Os comerciantes de Vilagarcía valoran de forma positiva os primeiros días de rebaixas. Lamentan que o mal tempo estea afectando a que as vendas non sexan mellores. Os sectores máis demandados son os de téxtil e calzado.

As rebaixas de verán daban comezo o pasado 28 de xuño. Unha época agardada por moitos e que durante a primeira fin de semana favorecía que os comercios estivesen abarrotados. Dez días despois os comerciantes valoran de forma positiva estas primeiras datas.

Como é de esperar os comercios máis demandados son os de roupa.

En comparación con outros anos, as vendas mantéñense na mesma liña.

Un factor importante a ter en conta para as vendas é o tempo. Nestas primeiras semanas de verán a climatoloxía non está sendo favorable. Segundo Rocío Louzán o bo tempo favorece a que a xente compre máis.

As previsión indican que nos próximos días o clima de verán chegará por fin ao Salnés. Os comerciantes agardan que isto incremente as vendas, sobretodo, de produtos da época estival.