Ribadumia investirá 130.000 euros nun aparcadoiro na Igrexa de Barrantes

    RIBADUMIA> Boas novas para os fregueses da Igrexa de San Andrés de Barrantes. O concello de Ribadumia ampliará o aparcadoiro do entorno do templo; unha intervención que será posible grazas ao convenio asinado co Arcebispado de Santiago. A actuación desenvolverase nunha parcela de case 1.300 metros e contará cunha achega de máis de 130.000 euros. A Igrexa de San Andrés de Barrantes contará con case 1.300 metros máis de aparcadoiro. Un convenio asinado entre o concello e o Arcebispado de Santiago permitirá ao goberno local actuar nunha parcela de titularidade eclesiástica para mellorar este servizo. A cesión é por un período de 20 anos e non terá ningún custo para as arcas municipais. O concello de Ribadumia asumirá os gastos das actuacións, que cifran en máis de 62.000 euros que se prevén con cargo a unha liña de axudas da Axencia Galega de Infraestruturas. Nos plans do concello entra tamén a conexión de sumidorios das vivendas desa zona coa rede xeral. Neste caso, o orzamento supera os 70.000 euros, que se inclúen no Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra. A intención do executivo é que as obras estean rematadas cara finais deste ano. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/31/aparcadoiro_igrexa_barrantes_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/31/aparcadoiro_igrexa_barrantes.mp4{/flowplayer}