O BNG levará o conflito cos límites ó rendemento ó Parlamento Galego

    bng_vendima copia100.jpgSALNÉS> O BNG vense de sumar ós movementos de apoio ós viticultores da DO Rías Baixas e consideran os límites insuficientes.

    {flowplayer}images/salnes/BNG_SOBRE_VENDIMA.flv{/flowplayer}

    Nesta campaña de vendima, a DO Rías Baixas agarda recoller máis de 40 millóns de quilos de uva. Sen embargo, os viticultores só poderán vender ás adegas 13.900 quilos por hectárea. Estas son algunhas das cifras sobre as que deu a voz de alarma o BNG.

    Dende o grupo cúlpase á Xunta e á Consellería do Medio Rural, ós que acusan de mala xestión.

    Na procura de explicacións do ente autonómico, o BNG presentará varias preguntas no Parlamento Galego. Ademais, levará a esta cámara unha proposición non de lei que solicita a convocatoria da Mesa do Viño.

    Con esta petición, o BNG únese á que xa se facía hai varias semanas dende o sindicato Unións Agrarias. Ademais, o grupo amosou o seu apoio ás medidas de presión dos viticultores, que arrancarán mañá cunha concentración a partires das 10 da mañá ante a sé do Consello Regulador, no Pazo de Mugartegui, en Pontevedra.

    Redacción Salnés