Denuncian ameazas do concesionario do bar da Casa da Cultura

     SANXENXO> A Asociación de Veciños de Adina denuncia que no poden realizar acitvidades gastronómicas na Casa da Cultura tralas ameazas do concesionario.

    {flowplayer}images/salnes/DenunciaVecinosAdina_110313.flv{/flowplayer} 

    A asociación de Veciños de Adina ven de remitir un escrito á alcaldía de Sanxenxo no que solicita o respaldo do concello á hora de realizar ás súas actividades culturais. Desta volta as queixas non son tan só pola ausencia de axudas económicas das arcas municipais, senón polas ameazas recibidas por parte do concesionario do bar da Casa da Cultura, que non permite a realización de actividades gastronómicas no centro.

    Segundo nos explica o presidente Gerardo Fernández, a Asociación de Veciños de Adina soe realizar as súas actividades culturais, neste centro, onde tralas actuación acostuma a convidar a un pincho ós artistas. O problema xurdiu o día de Entroido cando o concesionario do bar ameazou con chamar a Garda Civil se non interrompían a merenda.

    Dende aquela tódolos actos programados para celebrarse na Casa da Cultura de Adina, quedan suspendidos. Dende a asociación consideran que o dono do bar non ten por que sentirse prexudicado, cando ademais, xa intentaron que colaborase con eles en varias ocasións.

    Os veciños de Adina pasan agora a pelota ó tellado do concello. Din que levan máis dun ano agardando por un regulamento de usos da Casa da Cultura. 

    Despois de facer chegar as súas queixas ós medios de comunciación, dende a Asociación de Veciños de Adina porán en coñecemento dos grupos da oposición estes asuntos para que poidan ser levados a pleno.

    Redacción Salnés