![]()
BOIRO > A Consellería de Política Territorial ten previsto asinar un novo convenio co executivo boirés para a reconstrución da ponte do Ordenario.
A Consellería de Política Territorial accedera xa a financiar esta actuación, presupostada nun primeiro momento nuns 95 mil euros, e mesmo chegara a asinar co concello boirés o correspondente convenio de colaboración.
Proxecto mellorado
Sen embargo, e ante as propostas formuladas polos propios veciños da zona, o executivo local decidiu que o idóneo sería redactar un novo proxecto, máis ambicioso que o existente, para construir alí unha ponte de maior tamaño.
Despois de realiza-lo correspondente estudo, Política Territorial vén de anunciar que en breve asinará un novo convenio co concello boirés, mediante o cal a administración autonómica aportará uns 280 mil euros para a reconstrución da ponte que quedou inutilizada o pasado invierno debido ó temporal. As obras prevén incrementa-lo ancho da actual estrada, que pasará de catro a sete metros e ampliar tamén a distancia entre os pilares da infraestrutura coa finalidade de que a canle do río teña máis capacidade.
{flowplayer}barbanza/ponteordenario.flv{/flowplayer}
Redacción Barbanza









