Unha ameaza de bomba altera os xulgados de A Parda

    PONTEVEDRA> Co susto no corpo. Así pasaron esta mañá os traballadores dos xulgados de A Parda en Pontevedra.

    {flowplayer}images/salnes/ameaza_bomba_parda.flv{/flowplayer}

    Roldaban as doce e media da mañá cando un descoñecido chamou ás dependencias xudiciais alertando da colocación dun artefacto explosivo que estouraría nunha hora. Foi entón cando o xuíz decano de Pontevedra, Ignacio de Frías foi alertado por un compañeiro da necesidade de desaloxar o recinto.

    Tralo aviso, a Policía Nacional procedeu ó desaloxo preventivo dos xulgados na procura de calquera pesquisa que dese en atopar unha posible bomba. Unha ambiente de intranquilidade que alterou o normal desenvolvemento dos xuízos, da xa de por si saturada xustiza pontevedresa.

    Ó cabo dunha hora, determinouse que non había fundamento algún para tal alerta co que os traballadores do xulgado puideron volver ós seus postos. Con todo, a actividade xa non volveu á normalidade e moitas das vistas tiveron que ser suspendidas.

    O xuíz decano de Pontevedra non ten constancia de quen pode estar desta ameaza; nada lle fai pensar que poida deberse a algún grupo organizado nin a algún colectivo de protesta contra o funcionamento do sistema xudicial; co que agarda á evolución da investigación policial.

    Redacción Salnés