Corenta establecementos con todo ó vinte por cento no Sábado Negro

    NOIA> Corenta establecementos comerciais participarán esta fin de semana na quinta edición do Sábado Negro organizada por Noia Histórica. As tendas abrirán as súas portas ata as dez da noite e ofrecerán descontos do vinte por cento en tódolos seus artigos. O gran éxito de vendas das anteriores convocatorias animou a Noia Histórica a celebrar unha nova edición do Sábado Negro. Será este sete de novembro e contará coa participación de corenta establecementos comerciais dos máis variados sectores. Ademais dos descontos, os participantes organizarán actividades complementarias como obradoiros, fotocall ou sorteos. Noia Histórica tamén promoverá animación de rúa e reparto de caramelos entre os clientes. Dende a asociación animan a tódolos establecementos que aínda non pertence a Noia Histórica a asociarse xa que a posta en marcha deste tipo de campañas, das que tamén se benefician estes comerciantes, só é posible coa colaboración dos socios.