Noia acollerá este sábado a segunda fase da Liga Galega de Break

NOIA> A actividade, organizada pola asociación Vella Escola Cultura Urbana, e promovida pola Secretaría Xeral para o Deporte e a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, desenvolverase a partir das catro da tarde na alameda. Está prevista a participación de entre 30 e 40 mozos nas distintas modalidades a concurso.

O Espazo Xoven de Noia foi o lugar escollido para a presentación da quinta das xornadas da Liga Galega de Break, que se desenvolverá este sábado na alameda da localidade. Despois do parón estival, a competición arrancará de novo e farao coa participación de entre 30 e 40 ‘breakers’ chegados dende diferentes localidades galegas.

O que se busca coa organización da Liga é a difusión do break en Galicia agora que vén de ser recoñecido recentemente como deporte olímpico.

Dende o Concello animaron a acudir eses día a presenciar esta competición que se desenvolverá na alameda entre as catro e as nove da noite .

Despois da cita de Noia, a competición terá continuidade en Pontevedra, o 25 de setembro, en Santiago o 2 de outubro, en Lugo o día 16 dese mesmo mes, en Ourense, o 6 de novembro, para rematar en Vigo o 18 de decembro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí