![]()
BARBANZA> A comarca conta cun total de trinta profesionais que desenvolven a súa labor no parque comarcal de bombeiros de Boiro e na subsede de Ribeira.
{flowplayer}barbanza/bombeirosbarbanza.flv{/flowplayer}
Dos dezaséis parques comarcais que existen en Galicia, tanto o do Salnés como o do Barbanza sitúanse cada ano nos primeiros postos en canto a número de intervencións.
Na comarca do Barbanza operan un total de trinta profesionais: dezaoito no parque de Boiro e doce no de Ribeira. Este abría as súas portas en agosto de 2004 prestando, a partir de entón, un servizo moi necesario para unha bisbarra das características do Barbanza.
Na actualidade, os bombeiros realizan turnos de 24 horas nos que desenvolven diversas tarefas como o mantemento e prevención, ata que reciben un aviso. É precisamente nese intre cando a rutina deixa paso a un protocolo de intervención que, a pesar da urxencia, deixa pouco lugar á improvisación.
Medios
Os medios con que conta este parque son do máis completo xa que dispón, entre outros, dun vehículo escalera de vintecinco metros.
As instalacións están a piques de ser reformadas coa ampliación do ximnasio e a creación dunha aula de formación.
Unión de esforzos
Os bombeiros de Ribeira manteñen unha estreita colaboración cos do parque comarcal de Boiro así como outros efectivos que interveñen nos dispositivos de emerxencia como Protección Civil. Esta unión de esforzos é, segundo o xefe de Ribeira, clave á hora de obter resultados satisfactorios nas intervencións de maior envergadura.
Como exemplo, cabe lembrar a vaga de lumes forestais de 2006 ou os incendios en factorías como o de Congalsa, en outubro de 2007, ou o de de Chicolino, en setembro deste mesmo ano. En todas elas, o papel destes profesionais foi clave para frear o avance das lapas evitando ter que lamentar danos persoais.
Redacción Barbanza











