Todos con Paula

    paula100.jpgBARBANZA> A comarca do Barbanza amosa a súa cara máis solidaria para axudar á pequena Paula Nieto.

    {flowplayer}barbanza/campanasolidariapaula.flv{/flowplayer}

    Paula está a piques de cumprir un ano pero aínda non dou os seus primeiros pasos. E non o fará salvo que a súa familia consiga recadar os fondos necesarios para sometela ó tratamento que precisa posto que a nena naceu sen o óso sacro e dúas vértebras.

    Para financiar o longo e custoso proceso de curación, que hai uns días iniciaba en Alemaña, Paula e a súa familia contan co apoio de concellos, colectivos e veciños anónimos que queren facer a súa pequena achega.

    En Boiro, de onde é natural a rapaza, desenvolveuse esta fin de semana unha función teatral a cargo de Teatro do Improvisto na que se recadaron máis de mil euros en entradas ós que hai que engadir os centos de donativos que deixaron moitos dos asistentes.

    Rifa solidaria

    Tralo éxito desta iniciativa, a pulpería Caamaño de Boiro vén de poñer en marcha unha rifa solidaria que, de momento, está a acadar un gran resultado. Principalmente están a participar os clientes habituais aínda que os interesados en colaborar con esta boa causa tan só teñen que pasarse polo establecemento, situado na rúa Francisco del Río Romero e facer o seu donativo.

    Pero este establecemento non é o único xa que a pasada fin de semana varios locais hostaleiros da Pobra, vila de orixe do pai de Paula, conseguiron recadar máis de dous mil euros nunha sesión vermú con carácter benéfico. Fondos que para Paula e a súa familia son moito máis que cartos; son esperanza.

    Redacción Barbanza