A comunidade educativa do Barbanza mobilizarase contra os recortes

    plataformaensinobarbanza.jpgBARBANZA> A Asamblea Permanente en Defensa do Ensino Público critica os recortes que se están a producir nos últimos anos nos centros educativos da comarca.

    {flowplayer}barbanza/plataformaensinobarbanza.flv{/flowplayer}

    A convocatoria desta xuntanza na que tomaron parte profesores, pais e alumnado de distintos centros educativos do Barbanza partiu da Asemblea Permanente da Barbanza en defensa do Ensino Público. A finalidade da reunión non era máis que dar constancia do malestar polos recortes sufridos neste principio de curso, tanto a nivel profesorado como en material imprescindible para a boa practica do ensino. O acto serviu ademais para amosar un rexeitamento público ó Anteproxecto de Lei de Mellora da Calidade Educativa.

    Mobilización 

    Durante a xuntanza acordouse tamén apoir as mobilizacións que o alumnado ten previsto levar a cabo a próxima semana para rexeitar esta reforma educativa.

    A xuntanza serviu tamén para elaborar un informe no que se plasman os datos relativos ós recortes ós que se están vendo sometidos nos últimos anos os centros educativos da comarca.

    Redacción Barbanza