Os tribunais dan a razón ó Concello de Noia na demanda sobre a aplicación da RPT

NOIA> A demanda presentada polo sindicato CSIF pretendía que o Concello aplicara a relación de postos de traballo aprobada en pleno no ano 2017, pero que nunca chegou a materializarse.

A sentenza do Contencioso Administrativo Número 1 da Coruña dálle a razón ó Concello, que aínda que nunca se negou a esa actualización, entendía, que nos termos nos que foi aprobada, non podía aplicarse nos orzamentos de 2024, sendo necesaria a súa revisión.

Aínda así, dende o Concello mandan unha mensaxe tranquilizadora ós traballadores municipais, de que están abertos ó diálogo, coa finalidade de buscar a mellor solución posible para tódalas partes.

O que si está claro é que a vontade do Concello é chegar a entendemento e conseguir canto antes poder facer fronte á aplicación da RPT, pero sempre dentro duns máximos legais.