O PP de Sanxenxo celebra a súa primeira cea de confraternidade

    ceapp__100.jpgSANXENXO > Máis de 200 afiliados e simpatizantes do Partido Popular de Sanxenxo reuníronse este sábado nunha cea de confraternidade.

    O banquete, que tivo lugar nun coñecido restaurante de Vilalonga, estivo presidido pola presidenta da xestora local e alcaldesa deste concello, Catalina González, quen anunciou que esta cea anual se ía a establecer como unha nova tradición.

    Entre os comensais puidemos ver figuras destacadas das listas populares a nivel provincial e autonómico, como é o caso de Alfonso Rueda, secretario xeral do PPdG; así como varios concelleiros da zona.

    A maiores, a xente do pobo, afín á ideoloxía do PP, tampouco quixo deixar pasar a oportunidade de reunirse en torno a unha mesa chea de manxares da ría.

    Redacción Salnés.