Os parquistas de Carril denuncian un furtivismo extremo

    carril_100.jpgVILAGARCIA> Os Parquistas de Carril están cheos de sufrir roubos nas súas concesións. A miúdo polas noites, varios amigos do alleo acoden a este e…

    {flowplayer}images/salnes/12032010_parquistas_carril.flv{/flowplayer}

    … a outros puntos da Ría de Arousa a levar o que non é seu, especialmente naqueles partes nos que están máis a cuberto. Esta situación está quecendo os ánimos no seo deste colectivo que non é quen de atopar unha solución a esta sangría; posto que denuncian que a Garda Civil do Mar, non lles fai caso nin é quen de actuar ca celeridade requirida. Para mais INRI, saben de certo que teñen o inimigo case na casa.

    Ó peor destes malfeitores é que non discriminan peza; tanto lles vale o marisco de talla comercial como o de semente porque teñen compradores para todo. Aínda máis, os propios parquistas teñen identificado ós ladróns. Moitos son de concellos limítrofes pero outros viven máis preto. Só hai que ler entre liñas.

    Redacción Salnés