Haberá quita na solución das preferentes

     PONTEVEDRA> O Fondo de Garantía de Depósitos do Banco Central será o encargado de comprar as accións polas que este mes…

    {flowplayer}images/salnes/xunta_goberno_depu_080313 .flv{/flowplayer}

    … se están a permutar as participacións preferentes ou as débedas subordinadas.

    Está é a resolución final que vai a adoptar o Goberno Central dentro deste mes para aqueles cliente dos bancos que foron nacionalizados. A mala nova para os afectados é que esta permuta realizarase previa quita de entre o 16 e o 40 %; unha cantidade que, aínda que menor da inicialmente anunciada, dista moito da aceptada polos clientes. Hoxe mesmo o tema das preferentes era abordado por varios alcaldes do Partido Popular da provincia de Pontevedra co Presidente da Deputación.

    Nesta xuntanza, estes rexedores queixábanse que este conflicto estaba a ser utilizado por algúns para xerar lea e obstaculizar o normal funcionamento das tarefas municipais. Asegura o Presidente da Deputación que os populares só viñeron a solidarizarse e a intentar poñer solución a un conflicto que foi xerado por outros. Agora hai moita xente, entre eles os sindicalistas, que intentan quitar proveito da augas revoltas.

    Neste senso, Louzán amosouse molesto ca visita esta semana a Sanxenxo do ex- ministro socialista Valeriano Gómez denunciando que non son quen os socialistas de vir a dar leccións sobre as preferentes cando teñen boa parte de responsabilidade na orixe do problema.

    Aclarou tamén o titular do ente provincial que o suposto estancamento das arbitraxes se debe en calquera caso ás entidades bancarias posto que son elas as que aceptan que casos admiten levar á arbitraxe; non tendo a Xunta capacidade de decisión algunha.

    Ata a data hai uns catorce mil casos de preferente solucionados en Galicia que deron en devolver uns 260 millóns de euros; con todo aínda quedan miles de casos por devolver dos que non se dá cuantificado o seu volume en euros por falla de información por parte das entidades financeiras comercializadoras.

    Redacción Salnés