Os pais de Artes instan á coporación a respalda-las súas demandas

    busartes_100_261107.jpgRIBEIRA > O BNG solicitará o respaldo da corporación para instar á Consellería de Educación a amplia-lo servizo de transporte escolar na parroquia de Artes.

    Segundo os nacionalistas, dende hai máis de catro anos os pais e os alumnos da parroquia ribeiresa de Artes veñen demandando diante da Consellería de Educación que a prestación do servizo de transporte escolar nesta zona se leve a cabo nas mesmas condicións para os alumnos de secundaria que os de primaria, e o autobús pase tamén polos lugares de Gude, Goda e Sego para recoller a estes rapaces.

    Por outra banda os pais e nais destes alumnos afectados polo servizo de transporte escolar teñen previsto enviarlle á Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, unha recompilación con tódalas súas demandas e os compromisos xa adquiridos pola Delegación Provincial e no propio Parlamento e que a día de hoxe aínda non foron cumpridos.

    Nova mobilización

    Continuando coas mobilizacións reivindicativas, teñen convocado para este venres, ás tres e cuarto da tarde, unha nova concentración diante do CEIP de Artes á que convidan tamén á propia Conselleira.

    {flowplayer}barbanza/busartes.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza