PORTO DO SON> Mañá comeza en Porto do Son o Internatural 2023, un evento deportivo que combina competición e formación no taekwondo base. Máis de 300 deportistas daranse cita nas distintas actividades que se desenvolverán ata o sábado no pavillón de Santa Irene.
Os pequenos que queiran iniciarse no taekwondo teñen unha cita esta semana en Porto do Son onde se celebrará dende mañá e ata o sábado o Internatural 2023.
Tralas distintas actividades multidisciplinares que se desenvolverán durante toda a semana coa formación como principal obxectivo, o sábado terá lugar unha competición de combate amateur e posterior exhibición.
Agranda que unhas 5000 persoas se despracen ata Porto do Son para participar neste evento que contará ademais cun reclamo excepcional grazas á presenza de Irene Montemuíño e Noa Romero, que acadaron o bronce co Campionato Europeo Sub23.











