POBRA> O alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, fixo balance das descargas de túnidos no peirao da localidade durante os oito primeiros meses do ano. As cifras superan neste período as 75 mil toneladas, e, segundo el, de seguir así, poderíase bater un récord histórico a finais de ano.
O porto da Pobra do Caramiñal é o primeiro de Europa en canto a descarga de túnidos. Un feito que dende o concello non queren deixar pasar desapercibido e polo que se sinten orgullosos. Se o ano pasado as descargas deste peixe conxelado chegaron a cifras históricas, preto dunhas 120 mil toneladas, este ano van polo mesmo camiño ou se cadra mellor. Segundo o alcalde, Isaac Maceiras, nos oito primeiros meses deste ano descargáronse xa no peirao pobrense máis de 75 mil. De continuar a actividade así estaríamos a falar de novo dun récord histórico. Este aumento da actividade portuaria no peirao comercial trae segundo o propio rexedor local maior crecemento económico e máis emprego para o municipio. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/10/balancedescargatunidospobra1010141.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/10outubro/10/balancedescargatunidospobra101014.mp4{/flowplayer}