Zona aberta sortea outro premio bimensual

    sorteozonaaberta__100.jpgVILAGARCÍA > A asociación de comerciantes de Vilagarcía, Zona Aberta, sorteou esta tarde un premio de 200 euros entre todos aqueles clientes…

    …que completaran durante este ano unha das súas tarxetas de fidelidade.

    Logo de remexer os centos de tarxetas que entraban a concurso, unha man inocente escolleu entre todas a papeleta afortunada. A gañadora desta quenda foi Dolores Rodríguez Tarrío, cunha compra realizada na tenda RB.

    Con este último premio bimensual, a asociación que preside Sofía Beiras, xa ten entregado neste ano un total de 1.200 euros en vales de compra entre os seus clientes. O próximo sorteo terá lugar en febreiro, para as novas tarxetas que xa están en circulación.

    Entre tanto, este Nadal a asociación de comerciantes poñerá en marcha a gran campaña de Nadal, na que tamén recompensarán con premios a confianza dos clientes e usuarios.

    Noutra orde de cousas, representantes desta mesma asociación reuníronse esta mañá no pazo provincial co vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, José Juán Durán, para darlles conta dos seus últimos proxectos. Dende zona aberta valoraron como moi positiva esta reunión e agardan que de os seus froitos na práctica en breve.

    A presidenta desta asociación comercial tamén tivo tempo para outra reunión esta mañá, desta quenda co presidente do PPdG, Alberto Núñez Feijóo; do que falaron, entre outras cousas, do estado actual dos comercios no cabo de ano das riadas. Pola súa parte, o presidente do PP galego comprometeuse nesta reunión a levar ó parlamento unha proposta para que se lle subvencione con mil euros a cada propietario dun coche estragado durante os asolagamentos do ano pasado.

    Redacción Salnés.