Indignación en Vilanova Centro pola súa expulsión do Consorcio

    vilanovacentro_copia100.jpgVILANOVA> Dende Vilanova Centro sinalan que están moi indignados pola expulsión da asociación do Consorcio de Comerciantes.

    {flowplayer}images/salnes/RESPOSTA_VILANOVA_CENTRO.flv{/flowplayer}

    VILANOVA> Dende Vilanova Centro sinalan que están moi indignados pola expulsión da asociación do Consorcio de Comerciantes, definíndoa como de malas formas e a traizón.

    Ramón Cardalda afirmou que se firmaron o convenio con Desarrollos Vilanova é porque existen unha serie de informes da Xunta que dan ó visto bó á construción da área comercial. O presidente da asociación sinalou que Vilanova Centro non ten a culpa de que se leve a cabo un centro comercial, senón que é responsabilidade da Xunta que emite informes moi favorables.

    Cardalda aconsellou a Marcos González a que, se ten dúbidas, chame a Cores Tourís e Nava Castro. Ramón Cardalda recordou que en Sanxenxo vaise a poñer en marcha un Opencor, que vai estar aberto 24 horas, e que ninguén protestou.

    Pola súa banda, o vicepresidente de Vilanova Centro, sinalou que na reunión co alcalde, ningún dos comerciantes se puxo en contra do centro comercial. Dende a asociación asegurou que vanlle sacar todo o partido posible á aldea comercial polo ven da economía da localidade e dos postos de traballo.

    Redacción Salnés