Comerciantes e clientes consideran perigosa a convivencia de vehículos e peóns no mercado ambulante de Vilagarcía

VILAGARCIA> Medo e incomodidade no mercado de Vilagarcía pola decisión do goberno local de facer convivir o tránsito dos vehículos  coa venda de produtos. Comerciantes e clientes móstranse en contra desta decisión que consideran que pon en apuros ao mercado ambulante. Os vendedores trasladados momentaneamente á praza da peixería tamén protestaron esta medida xa que, segundo explican, fíxose sen tempo para avisar aos clientes e os afasta das rúas.

O tránsito de vehículos a través do mercado ambulante de Vilagarcía é unha realidade á que se terán que acostumar comerciantes e clientes. O goberno local aposta por esta medida que non gusta aos vendedores. Os comerciantes advirten que se está poñendo en risco as persoas.

Os vendedores tamén lamentan que se tomen estas, xa que creen que o que se está a facer é dividir o mercado.

Os propios clientes tamén cualifican a medida como perigosa e incómoda.

Outra decisión do goberno local é trasladar momentaneamente aos comerciantes á praza da peixería. Os vendedores refírense á nova localización como unha gaiola e lamentan que non se plublicitase máis o cambio para avisar aos clientes.

Este traslado é momentáneo xa que unha vez humanizada a rúa Arzobispo Lago, algúns postos mudaranse a esa nova localización. Medida que tampouco gusta aos comerciantes.

Segundo os vendedores, Vilagarcía fai todo o contrario que o resto de concellos cos mercados ambulantes, xa que nas outras vilas intentan afastar os vehículos dos peóns. Os comerciantes tamén critican o trato recibido polo goberno local cos cambios e movementos continuos, de aí que crean que o obxectivo é eliminar o mercado de Vilagarcía.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí