Pontevedra presenta o terceiro Simposium de Forestalia

    forestalia_100_001.jpgPONTEVEDRA > A Cámara de Comercio de Pontevedra presentou hoxe o terceiro Simposium de Forestalia 2007 en Pontevedra.

    As conferencias, que comezarán a finais deste mes, farán fincapé na necesidade de xestiona-los recursos naturais para loitar contra o cambio climático. Unha loita que segundo os promotores de Forestalia se debe facer tamén dende o ámbito local e con sentido común para acadar un desenrolo sostible.

    Por outra banda, Forestalia tamén vai analizar como é de costume a situación da industria forestal en Galicia. Unha industria que representa o 3 coma 5 por cento do PIB da comunidade, e que emprega a máis de 26.000 persoas.

    Nas xornadas, que terán lugar os vindeiros días 29 e 30 de novembro, e o 1 de decembro, participarán expertos, tanto a nivel nacional coma internacional, do ámbito da empresa e a industria, e tamén das institucións; Tamén intervirán cientifícos do ámbito universitario, e dos centros de investigación galegos.

    Redacción Salnés