Cruce de acusación no pleno de Vilanova de Arousa

    duran100ok_261107_001.jpgVILANOVA > Un dos primeiros puntos na orde do día foi dar conta da nova ordenanza autonómica pola cal se levará o cabo unha nova categorización dos cargos policiais

    … que a súa vez levan consigo novos complementos que segundo o goberno municipal non inclúen subida salarial. Pola contra a oposición non opina o mesmo. e argumenta que esta nova regulación sérvelle ó executivo para subi-los soldos de varios funcionarios.

    Unha sesión plenaria a de onte que rexistrou unha morea de acontecementos que traspasaron a liña da normalidade no Concello de Vilanova. Cruce de acusacións entre o Goberno e o partido socialista que rematou coa expulsión do edil do PSOE, Rodrigo Santiago despois de que este afirmara que ó secretario xeral do Concello alterara o informe de intervención desfavorable ó incremento do gasto a favorable. Tal situación propiciou a expulsión do edil do PSOE.

     Segundo declaracións do propio Rodrigo Santiago a esta canle ten probas no seu poder que corroboran estas acusacións . Sobre a súa expulsión do pleno, afirma que solo é un xeito do goberno por facelo calar ante o que el califica de deficiencias, irregularidades e discriminación por parte do grupo municipal.

     Pola súa banda o executivo desminte totalmente calquera tipo de subida salarial a calquera funcionario. Afirman que tan só queren facer cumpri-la nova lei. Con respecto á expulsión do edil do PSOE, Gonzalo Durán explicou a Telesalnés- Barbanza, que foi Rodrigo Santiago quen provocou a súa expulsión para non enfrontarse ós veciños de Corón que asistiron ó pleno e explicarlles por que incumpriu a súa promesa de retira-las rotondas da PO- 549 ó seu paso polo municipio arousá.

    Redacción Salnés