O PP propón debater unha vez ó ano en pleno extraordinario o estado da cidade

    pp100_210708.jpgPONTEVEDRA > Núñez Feijóo acudiu esta mañá á rolda de prensa que celebrou o PP de Pontevedra para apoiar a iniciativa…

    …dos populares pontevedreses, levada xa a cabo no concello de Zaragoza. A proposta é celebrar, polo menos unha vez ó ano, unha sesión extraordinaria do Pleno para debater o estado da cidade. Mediante esta iniciativa tódolos grupos políticos terán a oportunidade de debater sobre o estado da cidade e de presentar propostas de resolución, que deberán de ser congruentes coa materia obxecto de debate e referirse a cuestións de política xeral.

    Logo as propostas poderán ser votadas segundo o orden de presentación. O presidente do PP de Pontevedra, Telmo Martín, afirmou que o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández, non accede a comparecer neste debate. Núñez Feijóo aproveitou a rolda de prensa para falar da crise económica e do sector da construcción como xa fixeron ó longo desta fin de semana na escola de verán do Partido popular de Sanxenxo.

    O presidente do PP de Galicia, Núñez Feijóo, engadiu que espera que a iniciativa do debate do estado da cidade se poida levar adiante e que o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández, acceda a esta petición.

    Redacción Salnés