![]()
VILAGARCÍA > A xunta de goberno local de Vilagarcía aprobou onte os pregos de condicións para a adxudicación da redacción…
… da revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal deste Concello.
Este é o primeiro paso para chegar a adaptar o actual PXOM vilagarcián á actual lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. O Concello agarda que o orzamento desta revisión ascenda a aproximadamente 500.000 euros e que se realice nuns tres anos de prazo medio, con posibilidade dun ano máis de prórroga.
A adxudicación de dita redacción vai a ser por concurso e terá lugar, segundo as previsións, a principios do 2008. Polo tanto, a aprobación definitiva podería ter lugar a principios do ano 2010.
Nesta modificación vaise a buscar tamén un recoñecemento superior para a protección dos cascos históricos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía; e supoñerá ademais, un incremento do 300 por cen do catálogo de recursos a protexer en todo o concello.
A este respecto, o Concello anunciou que se acaban de adxudicar as areas de rehabilitación dos núcleos históricos de Carril e Vilaxoán.
Redacción Salnés.









