A propietaria da vivenda afectada polas obras de Pasarón, concentrouse diante do concello

    vivendapasaron100_281107_001.jpgPONTEVEDRA > 43.442 euros. Ese é o prezo de taxación que o concello de Pontevedra deu á propietaria da casa afectada…

    …polas obras de ampliación do campo de Pasarón. Esta mañá concentrouse, acompañada pola súa familia, diante do concello porque aínda non recibira novas respecto á ocupación da súa vivenda. Finalmente foi recibida no concello e ofrecéronlle algunhas melloras na expropiación.

    O Valedor do Pobo notificoulle que investigan o seu caso. Algo máis de sete millóns das antigas pesetas é o que a familia de Mª Jesús Maquieira recibirá por parte do concello cando tiren a súa casa para ampliar o campo de fútbol de Pasarón.

    A propietaria non pode estar conforme con esa taxación, pois súa vivenda ten máis de 200 metros cadrados e cos cartos que lle ofrecen non poderían ir a vivir a ningures

    Mentres a familia concentrábase diante do concello, comunicáronlles que o concelleiro de Persoal, Réxime Interior e Patrimonio solicitaba unha reunión para falar do tema cos afectados, que aceptaron a xuntanza Unha vez finalizada a reunión, a familia aínda non ten claro qué pasará con eles.

    Falouse de vivir de aluguer durante un período duns seis meses nunha vivenda de Monteporreiro e faláronlle tamén dun piso que precisa obras, na zona do Mercado de Abastos. Estas obras, irían por conta do concello, pero a familia non sabe moi ben qué fará.

    Mª Jesús di que o seguinte paso é presentar unha valoración actual da casa para ver a qué tipo de acordo poden chegar e que seguirán loitando polo seu: algo equivalente ao que teñen.

    Redacción Salnés