O CIM de Cambados inicia a redacción do II Plan de Igualdade

    cimcambados100_290408.jpgCAMBADOS > O CIM de Cambados presentou hoxe a programación de actividades para este primeiro semestre do ano.

    O Centro de Información á Muller de Cambados comezará este ano a elaborar un novo Plan de Igualdade que entraría en vigor en 2009, unha vez clausurado o actual. A intención das responsables do CIM é que teña vixencia por catro anos máis.

    Ademais desta tarefa, o CIM deseñou un programa de actividades para este primeiro semestre. Para a xuventude haberá un taller de cooperación doméstica nos institutos Asorey e Cabanillas e un obradoiro de supervivencia no que aprenderán a cociñar, limpar a casa ou mesmo pasar o ferro. E para os máis pequenos haberá contacontos de igualdade nos colexios Magariños e San Tomé e na gardería municipal.

    Concretadas estas xa pensan en novas actividades para o resto do ano. Ademais disto, o CIM ofrece asesoramento xurídico e apoio psicolóxico ás mulleres.

    Redacción Salnés