Mario Iglesias roda en Boiro os exteriores da súa nova longametraxe

    peliboiro_100_291107.jpgBOIRO > O director Mario Iglesias e o seu equipo tomaron o muelle de Escarabote para rodar os exteriores da longametraxe ‘Cartas Italianas’.

    Aínda que a película está basicamente ambientada en Canarias, o seu protagonista é natural de Boiro, polo que parte da acción discorre na vila barbanzá. ‘Cartas Italianas’ conta o encontro de dous mundos. Un, o representado por unha fotografa italiana que desde os dezasete anos está viaxando por todo o mundo e pola súa profesión recala na vila de Palma de Canarias. O outro mundo está simbolizado por un “camelo” galego que vai dar a Palma coa intención de “abrir mercado” para a cocaína coa que trafica.

    O choque destes dous mundos é o fío argumental da terceira longametraxe de Mario Iglesias. Nun par de meses “Cartas Italianas” estará xa técnicamente rematada, pero non se sabe cando será a súa estrea oficial, aínda que o seu director agarda poder estreala en Boiro.

    O director amosouse moi satisfeito co traballo levado a cabo en Boiro e sobre todo coa implicación do concello boirés neste tipo de proxectos, pois grazas ó convenio asinado coa Productora Artefacto, pode contar no seu equipo con técnicos da bisbarra.

    {flowplayer}barbanza/peliboiro.flv{/flowplayer}

    Redacción Barbanza