Leopolgo González recibe a Cruz do Mérito Naval

    cruzmeritonavalleopoldo_100_260107.jpgMARÍN > A Armada condecorou ó ex alcalde de Sanxenxo, Leopoldo González, coa Cruz do Mérito Naval, na Escola Naval Militar.

    O que fora alcalde de Sanxenxo e secretario da Confraría de Pescadores de Portonovo, Leopoldo González Agís, recibiu esta mañá a Cruz do Mérito Naval en Marín. Unha distinción que recibiu con emoción, e moita satisfacción, xa que segundo indicou a Tele Salnés Barbanza, é quizás o maior orgullo da súa vida profesional.

    cruzmeritonavalleopoldo_200_260107.jpgCunha vida profesional relacionada co mar e a pesca, Leopoldo González, agradece esta distinción á Armada, e en particular ós seus compañeiros e amigos da Escola Naval Militar de Marín. Unha institución coa que tamén mantivo unha estreita relación durante os seus dez anos na alcaldía de Sanxenxo.

    A Armada tamén distinguiu hoxe ó presidente do Real Club de Mar de Aguete e mariñeiro de profesión, Francisco Freire, coa Cruz do Mérito Naval con distintivo branco. Ademais recoñeceu coa Placa da Orde de San Hermenexildo a José Luís Bucelay, desde hai catro meses director da Escola Naval Militar de Marín.

    Redacción Salnés