O III Forestalia xa está en marcha

    forestalia_100_001.jpgPONTEVEDRA > O protocolo de Kioto, a xestión forestal sostible ou os cultivos enerxéticos son algúns dos temas

    …que se tratarán no terceiro Simposio Forestalia. Esta mañá o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores inaugurou as xornadas, satisfeito por albergar na cidade esta importante cita anual dedicada á enerxía e o cambio climático.

    Enerxía e cambio climático son dous temas nos que se ven facendo fincapé nos últimos anos. Son tamén os temas nos que se centra o terceiro simposio Forestalia de Pontevedra.

    O alcalde considera a cidade como punta de lanza nos avances científicos do sector forestal e lembrou que nese marco, hai un proxecto no concello, de alta importancia: Monte Vivo, un proxecto de reforestación do monte, a raíz dos incendios que asolaron a provincia.

    Falar de enerxías renovables ou alternativas, e efectos paliativos do impacto medio ambiental, é falar tamén da Deputación de Pontevedra, implicada polas súas investigacións de estes temas. Teresa Pedrosa, Vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, asegura que seguirán apoiando iniciativas como esta, na investigación e desenvolvemento do medio ambiente

    A finalidade do simposio é extraer conclusións que melloren os efectos negativos do impacto medio ambiental, os incendios forestais e as fontes de enerxía, e que toda a sociedade poida sacar proveito destas conclusións.

    Redacción Salnés