O Magosto de Zona Aberta contará cun concerto do grupo 7 Setenta

    magostozonaaberta_100_001.jpgVILAGARCÍA > A asociación de comerciantes Zona Aberta de Vilagarcía presentou hoxe o magosto que tradicionalmente celebran cada ano.

    A festa, na que tamén haberá unha actuación musical do grupo 7 setenta, será este sábado e a entrada é de balde.

    O pasado ano a asociación de comerciantes Zona Aberta non puido celebrar o magosto que levaban anos facendo polas inundacións que asolagaran Vilagarcía. Agora esperan que o maior número de xente posible se sume á festa que terá lugar mañá. Din dende Zona Aberta que este ano foi moi duro para os comerciantes, xa que tiveron que recuperarse dos asolagamentos do pasado ano. Por iso agradecen especialmente a súa colaboración.

    Na presentación tamén estivo o edil de Cultura de Vilagarcía, Xosé Castro Ratón, que lle mostrou o seu apoio á asociación. O magosto vai a coincidir coa inauguración do alumeado do Nadal, co que colaborou zona aberta, e que comezará na praza da Pescadería e se estenderá por tódalas rúas da vila.

    Redacción Salnés