Comeza o xuízo polo caso da grúa que matou a unha nena e a un operario

    gruavilanova100_120508.jpgVILANOVA > O xulgado de Pontevedra acolle a vista oral do caso da grúa de Vilanova que matou a unha nena e a un operario no 2000 …

    … Hoxe foron citados a declarar cinco persoas en calidade de imputados, entre os que se atopa o alcalde Gonzalo Durán.

    Os feitos remóntanse ó 28 de novembro do ano 2000. Ese día houbo un forte temporal na costa galega e unha das consecuencias foi a caída dunha grúa en Vilanova que matou á nena de 9 anos Aldara Somoza Charlín e ó operario José Fernández Loureiro. Oito anos despois a sala de vistas número 1 dos xulgados de Pontevedra acolle desde hoxe a vista oral deste caso.

    No banco dos acusados séntanse cinco persoas, entre elas o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán. Con el tamén están Francisco Javier Gómez Chazo, representante de Novolar Arousa, a empresa que construía o edificio desde o que caeu a grúa; Luciano Fernández Souto, enxeñeiro técnico industrial que deu o visto bo á montaxe da estructura e encargado da empresa Alquileres de Galicia; Alberto Chorén Falcón, como arquitecto técnico da obra; e Juan José Mariño Bello, encargado da construcción que executaba Novolar.

    O fiscal non imputa delicto, pero a acusación particular pide catro anos de prisión por dous presuntos delictos de homicidio por imprudencia e por un delicto de lesións, e ademais ó alcalde por prevaricación. Os familiares da nena consideran que o alcalde non tomou ningunha medida pese ás reiteradas advertencias sobre a situación da grúa meses antes do accidente. Mañá pasarán a declarar as testemuñas do suceso.

    Redacción Salnés