SANXENXO> O alcalde de Sanxenxo valorou de forma positiva os seus últimos dous anos de mandato. Segundo Telmo Martín o concello investiu máis de 25 millóns de euros en 119 proxectos.
A menos dun mes para as eleccións municipais, o alcalde de Sanxenxo fixo balance desta mandato. Telmo Martín, que conseguiu de novo a alcaldía da vila en 2017, valorou de forma positiva esta etapa.
O alcalde asegurou que nestes dous anos levaron a cabo 119 proxectos cun investimento de 25 millóns de euros.
Telmo Martín tamén informou sobre o estado dun dos seus principais proxectos: as obras da rúa Progreso. Espera que estean rematadas antes de xullo.
Entre os proxectos realizados, o rexedor destacou a apertura do parque empresarial de Nantes. Espera, que unha vez rematado, poidan cumprir co obxectivo de que a xente teña traballo non só no verán.