![]()
VILANOVA> Un cambio de última hora modificou a orde do día do pleno. Non se aprobou o inicio dos trámites para a modificación das normas.
{flowplayer}images/salnes/PLENO_VILANOVA.flv{/flowplayer}
Tal e como se acordara o pasado venres na xunta de portavoces, no pleno extraordinario que se celebrou onte en Vilanova íase votar o inicio da modificación puntual das normas subsidiarias en materia de urbanismo sobre a parcela que ocupa o Pazo de Vista Real. Un cambio de última hora na orde do día rematou nunha declaración de intereses de recualificar o terreo que ocupa o inmoble.
Así o concello non iniciará os cambios legais no solo do Pazo para declaralo de uso público ata despois da subhasta do nove de decembro, no caso de que a oferta dun particular sexa superior á que vaia presentar o concello.
Outro dos punto a votar era o inicio do expediente para a participación do concello na subhasta. Uns cambios que segundo manifestaron os portavoces da corporación non se lles comunicaron antes do inicio do pleno.
Pero isto non impediu que o acordo fose unánime. Por iso Durán agradeceu o apoio da corporación e manifestou que esta é unha oportunidade única para o municipio. Ademais, reiterou que o seu uso será público. A portavoz do BNG considerou que ten que ser un centro social para o disfrute de tódolos veciños.
A partires de agora comezarán os traballos para valorar a oferta que presentará o concello e que será acordada pola xunta de portavoces. A obtención do Pazo estaría garantida con independencia do resultado da poxa.
Redacción Salnés








