Reúnense as prazas de abastos para estudar a execución dunha subvención

    portonovoplaza100__001.jpgSANXENXO > Os representantes das prazas de abastos de Sanxenxo, Portonovo, O Grove e Caldas reuníronse onte para estudar,

    entre outros puntos, a execución da subvención que a Consellería de Innovación e Industria lles ven de conceder.

    Na reunión de onte os representantes das asociación das prazas de abastos de Portonovo, Sanxenxo, O Grove e Caldas discutiron a aplicación que van a facer da última subvención que solicitaron e lles foi outorgada pola consellaría de innovación e industria. Esta axuda foi concedida grazas ó proxecto de mellora e revitalización do mercado nas prazas de abastos que a unión de profesionais e traballadores autónomos de Pontevedra, da que forman parte as prazas, lle tramitou á consellería. Os cartos irán destinados principalmente á financiar actuacións de desenvolvemento equilibrado das prazas coma a rehabilitación dos inmobles.

    O obxectivo principal das catro asociacións, que funcionan agora coma un colectivo, é que as prazas sexan un dos eixes comerciais principais das vilas, como o eran fai uns anos. Para isto é necesario un traballo en equipo na busca dunha mellora das súas relacións comerciais. Fidelizar e captar novos clientes é agora un aspecto clave para a supervivencia deste tipo de comercio. Para isto os membros das prazas de abastos son conscientes de que é preciso mellorar as súas infrastuturas, aprender novas técnicas de vendas, levar a cabo actividades de promoción comercial e acadar unha imaxe corporativa reforce as súas cualidades.

    Redacción Salnés