Arrinca a campaña marisqueira en Noia con boas expectativas

NOIA> Comezou a campaña marisqueira en Noia. Despois dunhas semanas con ameaza de toxina, os mariscadores puideron comezar a traballar con normalidade. Neste primeiro día, as sensacións son maioritariamente positivas.

A lonxa de Testal retoma a actividade e no primeiro día de campaña marisqueira máis de 1500 traballadores saíron ó mar.

Son algunhas sensacións desta primeira xornada de traballo nas que os mariscadores chegaban á Lonxa de Testal cos cupos feitos. Pero aínda que moitos se amosaron contentos co comezo da campaña marisqueira, hai quen non quedou tan satisfeito.

As opinións son moi distintas, pero o certo é que hoxe puido constatarse o bo estado dos bancos marisqueiros. Todos coinciden nunha cousa, hai moita cantidade de berberecho e máis ameixa xapónica ca bobosa.

A campaña pasada cerrou con récord, a segunda mellor da última década. Os mariscadores piden que o bo inicio de hoxe se manteña durante todo o ano.

Xa coa vista posta en mañá, segundo día de campaña, en Noia seguirán moi pendentes da toxina nos próximos meses.