‘No caso traballan os mellores axentes. Os feitos vanse esclarecer’

    manifestacion_soniacopy.jpgPONTEVEDRA> Estas eran as palabras do Delegado do Goberno, Antón Louro, con respecto ó caso da pontevedresa Sonia Iglesias.

    Despois de que a familia de Sonia Iglesias habilitase desde onte unha liña de teléfono para recadar información, Antón Louro sinalou, esta mañá, que se trata dunha iniciativa máis en colaboración coa policía.

    Recoñeceu que se trata dun caso difícil pero confía en que se van esclarecelos feitos antes ou despois. Destacou que a porcentaxe de casos finalizados con éxito é moi alto. Para iso, a policía segue traballando na investigación coma desde o primeiro día. 

    Engadiu que no caso están a traballar os mellores axentes especializados de España.

    Redacción Salnés