Os veciños de Ribadumia protestan pola falta de médicos

    RIBADUMIA > Os veciños de Ribadumia protestaron hoxe ante as portas do centro de saúde pola falta de médicos.

    Esta semana só contan cun dos tres médicos designados ó centro e Sanidade non enviou aínda substitutos. Os veciños están cansos, xa que aseguran que isto se repite de xeito constante.

    En todo o concello só hai este centro para atender a tódolos habitantes. Aquí traballan dous médicos e un pediatra, pero esta semana só hai un facultativo, e dende sanidade aseguran que ata a dentro duns días non poderán enviar substitutos. Deste xeito as persoas que están asignadas ós dous médicos ausentes, terán que esperar ata a vindeira semana para ter un cita.

    salomevecia_200_001.jpgOs habitantes de Ribadumia aseguran que esta situación se produce de xeito habitual no centro médico, ó que a Xunta nunca envía substitutos a tempo en época de vacacións nin cando os médicos solicitan unha baixa. A alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, quixo apoiar esta tarde ós veciños, que lle piden á Consellería de Sanidade que envíe substitutos canto antes para poder garantir a normalidade nas consultas.

    Redacción Salnés