Angeles Vázquez destacou a calidade dos produtos da horta galega en Meis

MEIS> Galicia diversifica a súa produción agraria e aumenta o número de mozos que apostan polos cultivos de horta. En Meis, este luns, a Conselleira de Medio Rural visitou as obras dunha empresa que se beneficiará das axudas da Xunta de Galicia para esta actividade.
A horta vai gañando peso no rural galego. Conscientes de este aspecto na Xunta de Galicia, dende Medio Rural estanse a conceder axudas relacionadas cos cultivos para mellorar as explotacións ou incorporar traballadores. Así o manifestou a conselleira de Medio Rural, que visitou o concello de Meis para coñecer un dos proxectos seleccionados en anos anteriores, a empresa Hortamanda, que nos últimos tres anos incorporou a tres traballadores mozos, polos que recibiu 137.000 euros.
No terreo, Ángeles Vázquez, acompañada polo alcalde de Meis, José LuÍs Pérez, e a directora xeral de Gandeiría, Belén do Campo, visitaron a construción dun novo invernadoiro que se está a facer cunha achega a cargo da consellería de uns 4.500 euros, a metade do custe final da obra.
A titular de Medio Rural, fixo patria, na súa visita a Meis, e destacou a boa calidade dos produtos galegos, asegurando que dende a Xunta de Galicia estase a traballar nun selo de calidade, Horta Galega, para implantalo na comunidade.