SANXENXO> O concello de Sanxenxo prepara un plan de mobilidade peonil para garantir a seguridade na vila. Rúas como a do paseo de Silgar e Rafael Picou poderán ser peonalizadas en horas de maior tránsito. Para evitar os cruces de fronte, será obrigatoria o tránsito pola dereita para os viandantes nas rúas de Sanxenxo e Portonovo.
O concello de Sanxenxo está decidido a aproveitar todo o posible a tempada de verán. Para elo, dende o goberno local están levando a cabo diferentes medidas para garantir a seguridade dos visitantes e veciños e evitar os contaxios na vila. Neste eido, o equipo de Telmo Martín porá en marcha este verán un plan de mobilidade peonil.
Neste plan de mobilidade, e durante o verán, o concello peonalizará as rúas do Paseo de Silgar e Rafael Picou nas horas de maior afluencia. Tamén regulará o tránsito dos peóns en todas as rúas de Saxenxo e Portonovo e no núcleo da Revolta en Vilalonga, onde serán obrigatorio camiñar pola dereita e evitar así os cruces de fronte.
A afluencia de visitantes xa notou en Sanxenxo durante a pasada fin de semana. Uns desprazamentos que, segundo alcalde, respectaron as normas de mobilidade da fase 1.
O alcalde quixo resaltar o bo comportamento dos veciños e tamén dos visitantes, xa que o concello acumula só 38 denuncias tramitadas entre as máis de 7500 inspeccións realizadas. Ademais do plan de mobilidade, o concello continúa coas desinfección para velar pola seguridade na vila. Dende Sanxenxo son optimistas, e agardan que os datos sanitarios continúan mellorando para poñer en funcionamento todos os servizos públicos canto antes.