Cambados celebra a Xunta Local de Seguridade

    xuntacambados_100_001.jpgCAMBADOS > Cambados celebrou hoxe a Xunta Local de Seguridade, que estivo presidida polo Subdelegado do Goberno, Delfín Fernández.

    Na xuntanza, a que asistiu o primeiro tenente de alcalde do concello, Luis Aragunde, en substitución do rexedor local, tamén estiveron o Sarxento da Policía Local do concello, o comandante do posto da Garda Civil en Cambados e outros membros dos corpos de seguridade na localidade.

    O subdelegado do Goberno, falou sobre a evolución dos delitos e a situación da seguridade cidadá en Cambados. Dixo Delfín Fernández que a situación ata o 31 de outubro deste ano era positiva, e mesmo asegurou que de prolongarse esta tendencia ata o remate do ano, o concello rexistrará unha baixada na taxa da criminalidade de entre 5 e 7 puntos respecto ó ano pasado.

    A coordinación entre a Garda Civil e a Policía Local tamén amosa un resultado positivo. Do mesmo xeito que xa fixeron noutros concellos da comarca a semana pasada, os dous corpos de seguridade comprometéronse a manter unha xuntanza mensual, xa que hai que seguir traballando na mellora destas relacións, especialmente nas actuacións que desenvolven de xeito conxuntas. Unha delas é violencia de xénero. Ata o 31 de outubro, houbo 24 denuncias, oito menos co ano pasado. Malia esta cifra, hai que recordar que o número de ordes de protección vixentes no concello ascende ata 31.

    O único punto no que Cambados experimentos atrasos neste ano foi o da tenencia e consumo de drogas. Neste período rexistrouse un incremento do número de estupefacientes, polo que Delfín Fernández alertou da necesidade de manter a vixilancia e o control sobre circulación deste tipo de sustancias, especialmente nos lugares de ocio nocturno. No tocante á seguridade viaria, a policía local vai contar cunha aceso directo á base de datos da DXT.

    Redacción Salnés