Vilaxoán quere loitar polos primeiros postos da XXVII Bandeira Concello de Vilagarcía

VILAGARCÍA> Vilaxoán acollerá esta fin de semana a vixésimo sétima bandeira concello de Vilagarcía. A regata é puntuable para liga galega e nela daranse cita os 12 equipos que a compoñen. A novidade deste ano é que o clube de Vilaxoán mudará a orientación do campo de regatas.

As regatas de remo volverán a Vilaxoán a fin de semana. O club de remo xunto co concello organizarán a Vixésimo Sétima Bandeira Concello de Vilagarcía. Unha proba que será puntuable para a liga galega de traiñeiras. Dende o goberno local mostraron a súa alegría por poder realizar unha proba que garante todas as medidas sanitarias.

A principal novidade este ano é que o club mudará a orientación do campo de regatas.

O club chega a esta fin de semana como sétimo clasificado da liga galega de traiñeiras A tras seis xornadas disputadas. O obxectivo é gañar a súa quenda e agardar un golpe de sorte para loitar pola bandeira.

A competición disputarase o domingo a partir das 12 e media no porto de Vilaxoán. Os equipos competirán en tres quendas e a orde de saída virá marcada polo resultado da xornada do sábado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí