Un mozo ferido nun aparatoso accidente en Vilanova

VILANOVA> Un mozo resultou ferido esta mañá nun aparatoso accidente de tráfico rexistrado en Vilanova. O sinistro tivo lugar na estrada PO-549 ao seu paso pola parroquia de Caleiro.

O turismo que conducía o varón ferido saíuse da vía, colisionando con varios vehículos que estaban estacionados. Tamén levou por diante varios colectores do lixo, esparexindo pola calzada os refugallos. Trátase dunha zona moi concorrida, pola proximidade dun bar. De feito, algún dos propietarios dos coches danados estaban nese intre no interior do local.

Ata o lugar dos feitos mobilizáronse os efectivos sanitarios, a Garda Civil, a Policía Local de Vilanova, os Bombeiros do Salnés e Protección Civil. Tamén interviron os servizos de mantemento da estrada para despexar a calzada dos restos do sinistro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí