A FGCN pide na precampaña máis efectivos antidroga para Galicia

    VILAGARCIA> A Federación Galega contra o Narcotráfico ven de reivindicar unha vez máis, maiores efectivos humanos…

    {flowplayer}images/salnes/fgcn_reunions_partidos.flv{/flowplayer}

    … e económicos para loitar contra o tráfico de drogas na Arousa. Estas peticións están a ser trasladadas pola directiva da FGCN ós tres partidos políticos con representación parlamentaria en Galicia, aproveitando a receptividade que adoptan en períodos preelectorais.

    Estas propostas fan fincapé en torno á creación dun xulgado específico para Galicia para axilizar os trámites e intensificar a acción xudicial; ó tempo que piden que se actúe duramente contra o patrimonio deste tipo de delincuentes.

    A primeira destas xuntanza tivo lugar co BNG, e máis tarde co PP e co PSOE; co que parece seguro que as reivindicacións da loita contra o narcotráfico poderán chegar a San Caetano a partires das eleccións do 21 de Outubro. Decidir sobre a planta xudicial desde a Xunta. A Audicencia Nacional a nivel autonómico.

    Redacción Salnés