A Secretaría para a Igualdade facilita a formación da cooperativa de mulleres

    VILAGARCIA > A concelleira da Muller en Vilagarcía, Victoria Hierro, e a presidenta da asociación de mulleres, Dolores Carballo, valoran satisfactoriamente a entrevista que mantiveron esta semana…

    …coa Secretaria Xeral de Igualdade, Carme Adán, para dotar de recursos á cooperativa de servicios sociais formada recentemente por un grupo de mulleres da cidade. Victoria Hierro, asegurou ter visto unha boa disposición por parte da Xunta de cara a dotar a Vilagarcía dun centro xerontolóxico de asistencia integral, aínda que a longo prazo.

    O concello apoia sen fisuras esta iniciativa ata o punto de pór a disposición os terreos para a construcción deste centro, á beira do actual asilo de anciáns Divina Pastora. A construcción desta residencia, promovida por un grupo de mulleres da vila, forma parte dun proxecto moito máis amplo para o que sí contan xa co apoio da Secretaría de Igualdade.

    Formación

    A cooperativa de mulleres iniciará en breve a súa formación para ofrecer un servicio de calidade, tanto no coidado de anciáns e persoas dependentes como no de nenos. A iniciativa, que non ten ánimo de lucro, ten como finalidade a de prestar un servicio á sociedade así como crear postos de traballo para mulleres. No caso de que o proxecto dese beneficios éstes revertirían de novo na ampliación dos servicios e melloras no futuro centro.

    Tanto Victoria Hierro como Dolores Carballo, resaltaron a importancia de retrasar a idade de entrada nos centros das persoas válidas, prestando para iso unha necesaria asistencia e apoio ás familias no coidado dos seus maiores. De ahí a iniciativa destas mulleres por crear unha rede de apoio social á que teñan acceso a mayoría das economías familiares da comarca.

    Redacción Salnés