A Asoc. Comercial Cambados Zona Centro publica a súa primeira revista

    revista_cambados_100.jpg CAMBADOS > A asociación de comerciantes Cambados Zona Centro presenta o primeiro número da súa revista que leva o mesmo nome.

    O acto de presentación estivo presidido polo máximo responsable desta asociación, Marcos Cesar González; que conseguiu convocar ó vicepresidente da Deputación José Juán Durán, ó tenente Alcalde cambadés, Luís Aragunde; e o presidente da Cámara de Comecio de Vilagarcía xunto co xefe de zona da entidade financieira Caixanova.

    O presidente da agrupación comercial presentoulles a estes persoeiros, ós asociados e ó público en xeral esta revista que acaba de saír do prelo cunha tirada de 2.500 exemplares, e que é o froito de oito meses de intenso traballo.

    No transcurso deste acto, o presidente desta Asociación comercial aproveitou a ocasión para chamar ó asociacionismo e á unidade e dinamismo do pequeno comercio.

    Pola súa parte, os presentes coincidiron en dar os parabéns polo contido desta revista e en gabar o esforzo desta asociación; que agardan que teñan continuidade en vindeiros números. Loubaron tamén, a intensa labor dinamizadora do Concello que se está levando a cabo desde Cambados Zona Centro, a través de moi variadas actividades.

    Redacción Salnés.