Os atendidos nas urxencias do Hospital do Salnés chegaron a duplicarse nas últimas xornadas

O SALNÉS> A Xunta de Persoal do Hospital do Salnés denuncia a presión á que está sendo sometido o persoal de urxencias ante o incremento do número de doentes que acoden a este servizo. Segundo apuntan, nas últimas semanas o número de consultas tratadas nas urxencias chegouse a duplicar nalgunhas xornadas.

Segundo a media, polas urxencias do Hospital do Salnés pasan ó día entre 80 e un cento de persoas. Co repunte da gripe, houbo nas últimas semanas xornadas nas que se chegou a rolda-los 180 doentes. A solución segundo a Xunta é axiliza-los ingresos hospitalarios, algo co que tamén concordan dende a Xunta de Persoas do hospital do Salnés, aínda que para iso, segundo din, fai falta máis persoal.

A presidenta da Xunta do Persoal. Rosa Casal, apunta que as urxencias no Hospital do Salnés están funcionando ben, grazas ó esforzo do seu persoal. Asegura que o persoal das Urxencias está sometido a día de hoxe a unha gran presión. Casal apunta que o problema ten difícil solución, porque –segundo di- o Hospital do Salnés xa naceu cun número moi axustado de persoal, algo que –denuncia- se agravou cos recortes vividos durante a crise.