Pobra conclúe o saneamento en Santa Cruz dotando de servizo a Roupión

    saneamentoroupion_100_021207.jpgPOBRA > O alcalde da Pobra, Isaac Maceiras, anunciou o comezo inminente das obras de saneamento no lugar de Roupión, na parroquia de Santa Cruz.

    Este mércores, un enxeñeiro da Consellería de Medio Rural, ente que sufraga as obras, veu redactar a acta de replanteo para que as obras podan empezarse a próxima.

    Con estas obras quedan case rematados os flecos que faltan para que a parroquia de Santa Cruz conte con saneamento integral. A actuación de Roupión corre a cargo do Plan Rural de Obras 2007 da Consellería de Medio Rural e conta cun orzamento de preto de sesenta mil euros.

    As obras consistirán na instalación de tubaria en PVC de 315 mm de diámetro e do sistema de impulsión. Construiranse tamén quince pozos de rexistro e un pozo de bombeo. En total a rede de saneamento abarcará catrocentos dez metros e a de impulsión douscentos.

    Esta actuación beneficiará a un importante número de veciños, que previsiblemente se verá aumentado, xa que hai que ter en conta que no novo plan xeral esta zona está incluida como edificable. A encargada de levar a cabo as obras será a empresa pobresa Excavaciones Nima.

    Futuras actuacións

    Por outra banda, o alcalde pobrés anunciou que Medio Rural incluiu no PEIN de 2008 o saneamento integral de Sobral a Ponte Naveira, na parroquia do Xobre. Maceiras afirmou que nesta actuación a Consellería invertirá un total de 95 mil euros que permitirán poñer setecentos metros liñais de tubería que darán suministro a moitos veciños e quedará concluido case na súa totalidade o saneamento integral do Xobre.

    {flowplayer}barbanza/saneamentoroupion.flv{/flowplayer} 

    Redacción Barbanza