O Grove e Sanxenxo serán pioneiros en Galicia nun programa de aluguer de motos eléctricas

O GROVE> O Grove e Sanxenxo presentan un programa pioneiro en Galicia de aluguer de motos. Os vehículos eléctricos estarán dispoñibles en diferentes puntos das vilas e poderán coller mediante rexistro dunha aplicación. Dende O Grove destacan a facilidade de movemento e o respecto ao medio ambiente deste sistema.

Dende hai anos, en moitas cidades de Europa e de España contan con vehículos polas rúas que se poden alugar en calquera momento. Un sistema que se instalará de forma pioneira en Galicia nos concellos de O Grove e Sanxenxo. Breogán mobility porá disposición dos usuarios 80 motos eléctricas nestas vilas.

A maneira de utilizalas é moi sinxela. Os usuarios descargan a aplicación de Breogán Mobility e unha vez rexistrados poderán facer uso de estas motos. O traxecto pagarase unha vez rematen a viaxe.

Dende o Grove sinalan que este programa adáptase ao modelo que queren para vila. Un sistema de mobilidade que respecta o medio ambiente.

A presentación contou como padriño co campión do Tour de Francia Óscar Pereiro. O ciclista destacou as posibilidades de mobilidade que ofrece este sistema.

No concello do Grove os puntos para recollida destes vehículos estarán na estación de autobuses, na Illa da Toxa, en San Vicente e na Lanzada. O sistema poderá moverse a outros concellos para determinados eventos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí