![]()
PONTEVEDRA > Na xunta de goberno que celebrou hoxe a Deputación de Pontevedra, aprobáronse diversos…
…acordos e axudas. Entre eles, o proxecto mais ambicioso, o convenio entre Deputación e Concello para construír unha nova ponte sobre o río Lérez e o seu acceso correspondente.
Entre as axudas que aprobaron en xunta de goberno esta mañá na Deputación provincial, están os cen mil euros para a pesca costeira artesanal, dirixidas a mellorar a seguridade nos medios de navegación e que consta de 100.000 €
Aprobaron tamén unha axuda de 6000 euros á asociación de marisqueo, pesca e acuicultura “Pedra da Oliveira”, para adquirir semente
Unha subvención de case noventa e cinco mil euros ao concello de Cambados para a obra “Urbanización da Praza da Xuventude”
E tamén, a aprobación do expediente para contratar, mediante concurso, por procedemento aberto, a redacción do proxecto e execución da obra “acceso oeste a Montecelo, tramo 1, PO douscentos vinte e tres, á avenida Buenos Aires. Ou o que é o mesmo, a nova ponte de Monteporreiro e o seu acceso.
Asemade levouse a cabo a aprobación do expediente para a contratación mediante concurso, da organización dun viaxe á estación de San Isidro en León, para 1000 estudantes da provincia, dentro do programa “Semana Blanca”
Redacción Salnés









